Thursday 09 de May de 2024

Concertos todos os xoves de xullo nas Torres de Santa Cruz


Este xoves comezará unha nova edición do micro festival musical As Tardes do Alfar, que ofrecerá concertos gratuítos todos os xoves de xullo. A primeira actuación será a de Albarusa, este xoves día 6 ás 20:00 horas.

Esta xa veterana banda coruñesa de rock metal herdeira de Dharmak e Gone & Lost vén degravar o seu segundo sinxelo «La reina del barro». Contan na súa discografía cun álbum de estudio «La memoria del hielo». Recentemente participaron no festival 981 United na Sala Túnel e de tocar en míticos escenarios como a Sala Malavida ou o Playa Club.

Antes do concerto, desde as 19:00 horas, haberá demostracións de olería en vivo e bautizo de torno para todas aquelas persoas que se acheguen aos xardíns das Torres, da man do oleiro Alberto Añón da olería Lista de Buño.